Fene mantén o numero de alumnos e perde mestres

Fene mantén o numero de alumnos e perde mestres

10 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O primeiro día de curso para infantil e primaria vivíuse con emoción por parte dos pais e nais, do profesorado e especialmente dos alumnos e alumnas que iniciaron esta mañá o novo curso escolar. Constatamos que o número de alumnos-as nos catro centros públicos de primaria mantense en Fene. Igual que A Xunqueira, o Ramo de Barallobre estrea director, Benigno Sánchez Vales, quen confirmaba esta mañá o mantemento da ma

A boa nova no Ramo de Barallobre é a ampliación do comedor que esta mañá aín ulía a pintura despois do remozamento ao que o someteu o concello. Este curso xantarán nel un total de 22 alumnos-as. Poidemos saber que o menú do primeiro día de curso é sopa e cocido, con mazá de sobremesa. Coincide Benigno Sánchez coa directora da Xunqueira, coa que falabamos esta semana, en que a LOMCE se irá introducindo pouco a pouco e en que se manteñen os libros de texto do curso pasado. O Ramo ultimou xa a programación de actividades extraescolares, abertas a nenos-as foráneos ao colexio, que teñan entre 4 e 12 anos. Adiantounos o director as de Natureza (Voz Natura) tenis, cociña, multideporte ou informática en inglés. Moitas esperanzas teñen postas no Ramo na escola infantil Galiña Azul que se constrúe no Carril e que estará a pleno rendemento o próximo curso, porque podería facer de canteira para o Ramo.

Nos Casais de Maniños tamén se estabiliza a matrícula, coa entrada de cinco alumnos-as de tres anos. A pega tamén é a reducción de un mestre. O centro lucía explendoroso coas súas fiestras novas e outras pequenas reformas levadas a cabo durante as vacacións. A directora, Lorena Souto, recibía esta mañá na porta aos máis pequeniños, que non as tiñan todas son eles á hora de soltarse das nais.

O colexio Centieiras de Perlío tamén mantén a matrícula no novo curso, cun total de 210 alumnos, dous máis que o curso pasado. Son 30 os alumnos de tres anos os que acceden por primeira vez ao centro. Un dato moi positivo pois haberá duas aulas de 15 rapaces. A media de alumnos por aula está nos 22, agás unha unidade de 4º que acolle a 26. Centieiras gaña un profesor, o orientador que deberá compartir con Limodre, Os Casais e Sillobre.

A aplicación da LOMCE trae a Centieiras varias novidades: o cambio da asignatura de Medio polas de CC Naturais e Sociais. O que era Alternativa, cambia pola materia de "Valores cívicos e sociais". O centro de Perlío incorpora ademais duas seccións bilíngues nos cursos de 5º e 6º coa asignatura de Plástica en inglés, que impartirá a  directora, Carmen Leira, quen continúa dirixindo o centro. Leira pon unha pega a este empezo do curso, as reformas pendentes, que están agardando aínda, e que suporán a colocación dun porteiro automático para mellorar o acceso ao recinto, un areeiro e a reposición do muro lateral contra o aparcamento.

Sociedade