Fene mira ao mar

Fene mira ao mar
26 de Xuño, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un baño no mar é a mellor maneira de refrescarse cando aperta o termómetro, como ten sucedido estes dias. E no concello de Fene hai onde escoller. A concelleira de Medio Ambiente, Cristina García Moroño, convidounos a gozar do mar con seguridade.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fene ten máis de 28.000 metros cadrados de praia. En dúas rías, Ares e Ferrol. Hai para elixir. Almieiras, Rio Castro, O Coido, Río Sandeu, O Carril -en Barrallobre-, Maniños e San Valentín. O Concello de Fene ten en marcha xa o dispositivo humano e material para que poidamos gozar do baño no mar este verán. “Preocúpanos que a estancia sexa o máis agradábel posible”, explica Cristina García Moroño. Haberá servizo de limpeza dos areais de xoves a luns, ambos incluídos, a primeira hora da mañá.Tamén se instalaron sanitarios e para a seguridade dos bañistas vólvese colocar, como nos últimos anos, un sistema de balizas que acouta a zona de baño para evitar que se acheguen as embarcacións o que podería supor un perigo para as persoas que gozan da auga. 

Institucional

Publica o teu comentario agora