Fene no top comercial

Fene no top comercial
01 de Marzo, 2023 - 02:36 h. | Publicada por Radio Fene

Fene xa está no mapa do comercio e a iso contribúen iniciativas como o Outlet que se vai celebrar esta fin de semana. Do venres ao domingo. Feiras como esta que poñen ao alcance da clientela bos produtos a prezos moi rebaixados dinamizan o sector e atraen clientes de toda a bisbarra. Opina así Priscila García, que está a fronte de Dama, establecemento situado en Marqués de Figueroa, número 8

ESCOITA O PODCAST:

“A experiencia sempre é moi positiva, ata consegues clientes novos”, manifestou a xerente de Dama a Radio Fene. “É un apoio ao cliente e para nós que temos que desfacernos da temporada porque xa temos aquí a roupa da nova”. “Os descontos son choios, ata o 70%, algunha prendas chegaron hai pouco tempo. É moi apetecible para o cliente”, sinala. No Outlet de marzo “toca liquidar a  temporada de inverno, roupa de abrigo, xerseis, creo que este outlet é o máis interesante porque a roupa de inverno en Galicia aínda se usa neste tempo”. Da situación do comercio considera que  “en Fene está moi ben, hai empuxe, novas tendas, os que levamos moitos anos estamos sempre intentando mellorar e innovar. Estamos no top, somos núcleo de comercio para toda a bisbarra. Vén comprar xente de Ferrol, de Narón, de Mugardos, da Capela. Temos que estar orgullosos”.“O ano pasado fixemos 35 anos, temos de todo, moita xente me di que é o sitio ideal para o regalo. entra unha muller e pode saír vestida e arranxada”, explica. Tamén nos adianta que “a primavera vén alegre. Vén moita raia e color, derroche de color, neons, pantalóns para todas as mulleres, para calquera tipo de figura e temos roupa nun rango amplo de tallas”

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora