Fene: polémica no pleno máis longo do mandato

Fene: polémica no pleno máis longo do mandato

09 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A comparecencia  do concelleiro responsable de obras, José Antonio López, centrou a maior parte do debate no pleno de Fene celebrado onte á tarde. O BNG acusouno de de incapaz e mesmo chegou a suxerir a sua dimisión. Un pleno que aprobou pola mínima unha moción de apoio ao Xuiz Garzón, diante da que se abstivo o BNG e votou en contra o PP. Prosperou sí outra moción conxunta de Psoe, Bloque e EU en defensa da Sanidade pública na &aacu

A requerimento do BNG, o edil de obras explicou os pasos dados para a execución das obras subvencionadas pola  Deputación correspondentes ao ano 2007, pero tivo que escoitar máis críticas relacionadas coa sua xestión. O portavoz do BNG, Manuel Polo, recriminou a lentitude coa que a área de obras se tomou a preparación dos informes para acometar as obras do POS do 2007, reclamados dende a Deputacion xa no pasado mes de outubro. A maioría son obras de abastecementos, saneamentos e asfaltados de camiños, valoradas en 670.000 €. Os nacionalistas temen que se perdan eses investimentos se as obras non están licitadas antes do 30 de xuño. O concelleiro socialista, José Antonio López, contestou que a día de onte xa estaban para licitar e unicamente falta un trámite, un informe de secretaría requerido polo ente provincial. Esta mañán o PSOE emitiu un comunicado no que aclara textualemente: "Dende a Deputación nos transmiten que en ningún momento imos perder este investimento para o noso Concello, posto que mudou o financiamento, de xeito que agora son financiados integramente pola Deputación.Practicamente salvados todos os escollos, vemos moi factible poder comezar as obras nun corto período de tempo” 

Pero o BNG dixo máis, a propósito desta área de obras. Manuel Polo criticou que dende esta concellería non se atende debidamente aos veciños nen se informa aos grupos políticos. Acusou de "incapaz" a xestión de López en temas como as beirarruas de Barallobre, o Cruce do Rego da Moa, a acometida de auga a Magalofes, San marcos e zona alta de Sillobre; o asfaltado da N VI, os camiños de Santa Ana e Rio Sandeo ou as obras da EDAR, na estrada da Palma. Insistíu o portavoz do  Bloque aínda no programa de rebacheo de camiños. Criticou Manuel Polo que se contraten empresas externas que ao final lle meten sablazos ao concello, porque nin hai proxectos, nin memorias nin presupostos nin facturas. E puxo un exemplo: por atornillar un sinal na rua, unha empresa cobrou 200€ , un traballo que poderían facer as brigadas municipais gratis. Os nacionalistas chegaron a suxerir a López que si non é capaz, que dimita.

O PP sumóuse ás críticas e incidíu nun proxecto en particular, na acometida de auga a Magalofes e San Marcos, afirmando que o concello non ten escriturados os terreos onde se ubicará o depósito. Respondeu o alcalde que só están pendentes de ir ao Rexistro e que a culpa do retraso é da Xunta de Galicia porque agora piden que o ente municipal aporte o 40% do presuposto das obras- uns 200.000 €- . O PP tamén insistiu diante do edil de obras sobre cal é o criterio do rebacheo de camiños.

“Cando goberna o PP en Galicia sempre sae o tema da privatizacion da sanidade”. Foi a contestación que o portavoz popular, Gumersindo Galego, deu á moción presentada polos outros grupos en defensa da sanidade pública. Afirmou Galego que o PP gobernou Galicia durante 25 anos e nunca se privatizou e pedíu non confundir privatización con financiación, "porque ás veces se non hai cartos hai que contratar algúns servicios". O alcalde , Iván Puentes, preguntoulle se na área sanitaria de Ferrol a Xunta vai seguir investindo no Hospital Naval ou vai seguir desviando aos pacentes ao Hospital de Caranza. E tamén, cando haberá servicio de Raios X no centro de saúde do Tarrío. Os asinantes da moción solititaron a asistencia dos veciños-a á convocatoria de manifestación o domingo ás 12 no ambulatorio Fontenla Maristani.

O pleno rematóu cun interminable apartado de rogos e preguntas, difícil de reproducir aquí, pero sí destacar algunha delas.  O Bloque preguntou pola xestión sobre a cociña do Centro da terceira idade ou polos Locais de ensaio para a xuventude, ambos temas paralizados dende hai tempo, segundo os nacionalistas. Respondeu, Iván Puentes, que pola cociña interesouse hai tres semanas e sobre os locais de ensaio están agardando que a Xunta asine o convenio. Inés Roca incidiu no mal funcionamento da recollida de voluminosos, desmentindo as manifestación do alcalde de que  funcionaba mellor que o anterior. O Bloque tamén preguntou se se falou co ministro Xosé Blanco sobre a Ronda Oeste e rogou que se proceda á limpeza dos parques publicos. EU interesouse pola negociación colectiva cos traballadores municipais e o PP polo Plan de ordenamento do litoral.

Fora do pleno, esta mañán o PP emitia unha nota aclaratoria relacionada coas negociacións dos Orzamentos municipais do 2010 na que o presidente do PP de Fene quere aclarar ao respecto dos presupostos do 2010 que o PP non está tendo oportunidade algunha de participar na sua discusión xa que información tan elemental para sentarse a negociar como é a débeda a proveedores aínda lle fue facilitada  hai apenas unha semana". 

Sociedade