Fene publica as bases para a loita contra os incendios

Fene publica as bases para a loita contra os incendios

03 de Xuño, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

Ven de publicarse a convocatoria para a selección do persoal que combaterá os incendios forestais durante os meses de verán. Convócanse as prazas como persoal laboral temporal para a prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais. Seleccionarase tres listas de aspirantes: xefe de brigada, peón de brigada-condutor e peón de brigada. As probas selectivas realizaranse polo sistema de concurso-oposición libre.

 

Sociedade