Fene quere tren

Fene quere tren
05 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira viaxe en tren de Ferrol a Betanzos foi o 5 de maio de 1913. Pasaron 113 anos e nese tempo practicamente non se renovou a liña do ferrocarril. A alcaldesa de Fene, Sandra Permui, apoia a mellora do ferrocarril que se reivindicará nunha manifestación que percorrerá as rúas de Fene o sábado, día 9, convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril.

ESCOITA O PODCAST:

Denunciou Sandra Permui o illamento que sofre a comarca de Ferrolterra e  trasladou o respaldo do Concello de Fene á reivindicación de melloras no transporte   ferroviario. “Unha demanda que levamos moitos anos facendo desde o BNG”, resaltou a rexedora que lembrou as distintas iniciativas sobre o tema defendidas, no seu día, por Francisco Rodríguez no Congreso dos Deputados. 

Permui animou á veciñanza a participar na manifestación que sairá ás 12 do apeadeiro de Perlío e percorrerá as rúas de Fene para acabar diante da Casa do Concello. 

Institucional

Publica o teu comentario agora