Fene recibe a medalla da cidade italiana San Doná di Piava

Fene recibe a medalla da cidade italiana San Doná di Piava

19 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene- A Coruña- ven de recibir esta mesma mañá a Medalla da cidade italiana de San Doná di Piava, unha bonita localidade da rexión do Véneto, que acolle estes dias a unha delegación fenesa. Trátase dun grupo de 14 estudantes e dous profesores de primeiro de bachelerato do IES de Fene que participan nunha viaxe de intercambio con estudantes do instituto desta localidade.

Esta mañá, un dos profesores que os acompañan, Alexandre Ripoll, comunicaba a Radio Fene a boa nova. A alcaldesa de San Doná di Piava, Francesca Zacariotto, entregoulles a Medalla desta localidade cercana a Venecia para que lla fagan chegar ao alcalde de Fene cando retornen da viaxe. Dez dias permanecerán aló este grupo de estudantes, asistindo á clases de Historia e de Italiano, amáis de realizar visitas culturais a cidades como Venecia ou Pádua. O seu retorno está previsto para o martes 26 de marzo.

Sociedade