Fene revisa a sua historia

Fene revisa a sua historia

18 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Proxecto Entre Nós consigue reunir 2000 fotos e arquivos para o proxecto expositivo da Casa do Concello. A experiencia no eido da participación cidadá atopase agora na fase de sistematización, codificación e escaneo de todo o material, despois dun proceso que empezou hai cinco meses.

A edil de Participación Cidadá, a socialista Rocío Rey, reuniuse coas persoas encargadas de levar a cabo o proxecto Entre Nós. O proxecto logrou acadar unha ampla participación entre particulares, sociedades, asociacións e colexios, que aportaron fotos, artigos xornalísticos e mesmo un documento do XVII entre o máis antigo. O Arquivo Municipal, parte importante tamén nesta experiencia, unirá os seus fondos ás achegas dos veciños, cun total de 1050 fotografías. Logo da actual fase de dixitalización que se está levando a cabo, as fotos e demais documentos históricos serán entregados aos seus donos para proceder á selección de imaxes e documentos que formarán parte do proxecto expositivo, o deseño da producción e a documentación específica de determinados feitos históricos no Concello de Fene.

Aínda que se esperaba poder comezar coa exposición a principios de verán, o intenso traballo que se está a levar a cabo para dixitalizar fotos, documentos e traducir manuscritos, entre outras labores que precisan dun coidado especial do material, alongará un pouco máis o proceso.  A interese por coñecer a historia de Fene da man dos veciños e veciñas do Concello levou á área de participación cidadá a contactar con artistas de Fene nas áreas da música, literatura, teatro e pintura, entre outras áreas.Destes contactos xurdiu a necesidade de crear un rexistro ou catálogo de artistas do Concello, tanto histórico coma actual, que permita coñecer e poñer identidade á capacidade creadora fenesa. 

Sociedade