Fene segue apostando polo festival “A Mocidade coa Lingua”

Fene segue apostando polo festival “A Mocidade coa Lingua”

25 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O coruñés Pablo Bicho é o convidado este ano ao festival “A Mocidade coa Lingua”, que se celebrará en Fene no mes de maio. O certame está organizado pola Concellería de Cultura xunto cos Equipos de Normalización Lingüística dos centros educativos do termo municipal. O obxectivo é “promover o emprego do galego na música e proporcionar aos grupos locais a oportunidade de actuar nunhas condicións ás que n

Nesta nova edición do festival "A Mocidade coa Lingua, participarán tres grupos, procedentes do CPI A Xunqueira e do IES de Fene: Os trobadores do demo, Os Fenéticos e Arredemo. Cada un deles deberá interpretar dous temas en galego, podendo ser orixinais ou versións.

Pero ademais, o Concello de Fene abriu este ano a posibilidade de que actúe un cuarto grupo cuxos integrantes xa non cursen estudos en ningún centro do termo municipal. Como requisitos, o departamento de Cultura establece “que os seus compoñentes sexan menores de 30 anos, exceptuando un, que poderá exceder da dita idade”.  E tamén neste caso, cada grupo debe presentar dúas cancións en lingua galega, de estilo libre, e cunha duración inferior aos catro minutos.

Para participar no concurso, os grupos interesados deben cubrir unha folla de inscripción na páxina web do Concello, achegando a letra das súas cancións. O prazo remata o vindeiro 16 de abril.

O Festival  “A Mocidade coa Lingua 2010” celebrarase o día 7 de maio, a partir das oito do serán, na Praza do Concello. Como artista convidado actuará o coruñés Pablo Bicho.  

Sociedade