ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A corporación municipal de Fene aprobou esta mañán nun pleno extraordinario a cesión da parcela onde se encontra a antiga escola do Carril en Barallobre, ao Consorcio Galego de Benestar. Despois de pasar por un longo proceso de desafectación, o inmoble cambia de finalidade, de ter fins dotacionais a fins sociais. Segundo declaracións da concelleira responsable de Benestar de Fene, Rita Couto,o proceso levou case un ano, e unha vez concluído, proced
Iso é o que aprobou por unanimidade o pleno municipal esta mañán. O proxecto de construcción da segunda galescola está feito e mesmo o concello ten reservado nos orzamentos deste ano unha partida para o desenvolvemento dese proxecto, para o que o concello debe aportar o 20% do presuposto e o Consorcio o 80% restante. A edil de Benestar agarda que o novo goberno da Xunta manteña os compromisos acadados polo anterior e o proxecto siga adiante tal e como estaba previsto.
O proxecto da segunda galescola de Fene contempla o derrubamento da vella escola porque, segundo a arquitecta encargada da redacción do proxecto, non reunía as condicións necesarias para o novo cometido e tampouco tiña valor patrimonial algún que obrigase á sua conservación. Executarase pois un novo inmoble para acoller ás crizanzas de 0 a 3 anos, adaptado ás suas necesidades. Segundo o proxecto básico, redactado polo arquitecto Javier Ares en xullo do 2007, o investimento alcanzará os 430.000 euros. Nese documento contémplase unha edificación con baixo e unha planta e unha superficie útil construída total de 392 metros cadrados. O proxecto deseñouse para albergar unha escola infantil de 3 unidades con capacidade para 41 nenos e nenas. Esta nova galescola, xunto coa que se atopa en funcionamento en Perlío, faría posible cumplir a demanda que hoxe en día existe no concello. A nova dotación cubrirá as zonas de Barallobre, Maniños e Limodre.
Rita Couto defende que a previsión de matrícula nesa etapa educativa é máis que suficiente para defender a necesiadade da segunda galescola ubicada en Barallobre.