Fene xa ten desfibriladores

Foron colocados nas instalacións deportivas municipais.
22 de Novembro, 2018 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

Un total de cinco desfibriladores chegaron xa ás instalacións deportivas municipais de Fene. Determinadas persoas relacionadas coas instalación ou co deporte recibirán un curso para a utilización destes aparellos.

ESCOITA O PODCAST:

A Piscina municipal de Centieiras ( na foto) Pavillóns de San Valentín e do Ramo. Campos de fútbol de Maniños e Perlío. Esas instalacións contan xa con desfibriladores. De momento oito persoas recibirán formación adecuada para o seu uso. En caso de que se necesite usar o desfibrilador e non se saiba como facelo, pódese chamar ao 112, desde donde os profisionais ofrecerán as instruccións precisas. O concelleiro de deportes, Xoan Manuel R. Bastida falounos desta iniciativa que xa é realidade nas instalacións deportivas municipais de Fene.

A morte súbita por parada cardíaca é unha das asignaturas pendentes da cardioloxia moderna. Calcúlase que en Galicia poden morrer ao ano máis de duas mil persoas por esa causa. Nos infartos de miocardio, é moi importante a rapidez da actuación xa que, canto antes se empece a reanimación máis satisfactorio será o resultado. Toda a poboación debería estar formada en técnicas de reanimación cardio-respiratoria e no uso de desfibriladores. Con só salvar unha vida, xa está xustificado todo o investimento.

O desfibrilador restablece o ritmo cardíaco normal mediante a aplicación dunha descarga eléctrica. A desfibrilación baséase na aplicación brusca e breve dunha corrente eléctrica de alta voltaxe para deter e reverter as arritmias cardíacas rápidas; situacións nas que o número de latexos cardíacos aumenta en exceso ou se produce unha actividade eléctrica desorganizada, debido a que algunha zona ou foco do corazón 'dispara' impulsos de forma descontrolada, que non son efectivos ou producen unha inestabilidade hemodinámica -deterioración dos signos vitais- que poden levar a unha persoa a unha parada cardíaca. O choque eléctrico detén a arritmia, o que permite ao médico, identificar e solucionar as causas que a produciron.

Institucional

Publica o teu comentario agora