ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fenomenal foi a romaría do Pote deste ano, afirmou esta mañá o presidente da entidade de Maniños Javier Rodriguez. O tempo axudou e permitiu celebrar o desfille das sete entidades participantes no Festival Intercéltico de Fene desde o cruce ata o campo da festa. Agotáronse as existencias de mexillóns, despachandose máis de 160 racións. Tamén o polbo á feira se acabou arredor das seis da tarde. Para os veciños e veciñas da parroquia foi un éxito total, segundo indican desde a organización.

A Banda da Balbina tamén animou moito a festa, cumprindose todos os horarios previstos. A romaría do Pote de Maniños ven celebrandose desde 1933 nesta parróquia de Fene.
Imaxe da romaría en 2025
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora