Ferida ao atropelar un cabalo na Gañídoira

Ferida ao atropelar un cabalo na Gañídoira

08 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Unha muller de 36 anos de idade, con iniciais N.L.V, resultou ferida esta mañá nun aparatoso accidente de circulación ao atropelar co seu coche a un cabalo no municipio lucense de Muras. Fontes do Subsector da Garda Civil de Tráfico de Lugo informaron do accidente acontecido ás 07:50 horas no quilómetro 21 da estrada autonómica LU-540 (Vilalba-Viveiro), no lugar da Gañidoira, onde habitualmente pastan reses mostrencas nas leiras que lindan coa cal

Un particular deu aviso á central de coordinación de emerxencias do 112, que mobilizou ao 061, para asistir á persoa ferida, e á Garda Civil de Tráfico.

Despois de recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, a muller foi evacuada ao centro de Atención Primaria de Viveiro e, posteriormente, trasladada ao Hospital da Costa, en Burela, onde aínda permanece.

Sociedade