Ferida unha moza nun atropelo en Fene

Ferida unha moza nun atropelo en Fene
24 de Marzo, 2026 - 11:52 h. | Publicada por Radio Fene

Atropelo dunha rapaza a primeira hora desta mañá na rúa da Fraga en Fene. A condutora do automóbil sufriu un deslumbramento. 

Unha moza de 17 anos foi alcanzada por un coche cando cruzaba polo paso de peóns. Foi sobre as oito e media da mañá no paso de peóns que dá a Avenida do Concello, entre Amaría e o edificio da Policía Local, que acudiu inmediatamente ao lugar do suceso. A esa hora da mañá o sol estaba moi baixo e parece que cegou á condutora do automóbil que non se decatou da presenza da menor que se dirixía á parada do bus. A moza foi trasladada en ambulancia ao hospital Juan Cardona, aínda que parece que as lesións que sufriu non eran de gravidade. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora