Fernández de la Vega encenderá a tuneladora

Fernández de la Vega encenderá a tuneladora

09 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, visitará este mércores Redondela para inaugurar as obras da tuneladora no Val do Maceiras. Nos últimos días os traballos que se están a realizar en San Estevo de Negros consisten en construir manualmente un oco de 40 metros que permitirá embocar a xigantesca máquina.

Unha vez comece a traballar a tuneladora, prevese que no prazo de dezaseis meses estean construidos os oito quilómetros de subterráneo do Ave entre Redondela e Vigo. As estimacións son que a tuneladora avance a un ritmo de cincocentos metros por mes.

Logo de diferentes informacións que apuntaban que sería a ministra de Fomento, a polémica Magdalena Alvarez, quen visitase o noso municipio en canto se iniciasen estes traballos, finalmente será a segunda de Zapatero a que inaugure a obra. Será o mércores día 11 ás 11:30 horas.

Institucional