Fernando Páez amosa desde hoxe o seu traballo no Refectorio do Museo Provincial

Fernando Páez amosa desde hoxe o seu traballo no Refectorio do Museo Provincial

12 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A fotografía de Fernando Páez cubrirá o Refectorio do Museo Provincial de Lugo nunha exposición que comeza hoxe e que permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de novembro. A inauguración de “Ás portas de Rinlo, fotografías de Fernando Páez”, prevista para as 20.00 horas, contará coa presenza de Antonio Veiga, deputado-delegado da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo; de Aurelia Balsei

A mostra conta cunha selección de 12 imaxes do artista de Ribadeo, impresas nun tamaño de 1x1 m. e pegadas sobre soporte de aluminio. Esta exposición complementarase cunha proxección audiovisual na que se pasarán 50 imaxes de Rinlo.

 

Tras o acto de inauguración presentarase un amplo catálogo da mostra, publicado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

A exposición permanecerá aberta ata o 29 de novembro e poderá visitarse de luns a venres de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30; os sábados de 10:30 a 14 h. e de 16:30 a 20; e os domingos e festivos, de 11 a 14 horas.

Cultura