Ferramenta para a pequena empresa

Ferramenta para a pequena empresa
23 de Xuño, 2021 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 70 empresas e comercios de Fene xa participan na plataforma web  Pasea por Fene . Trátase dun proxecto que pretende axudar ás firmas locais a vender por internet e poder así adaptarse aos novos modelos de consumo. A concelleira de Promoción Económica Ana Basoa presentou a iniciativa nun acto celebrado onte no salón de plenos da Casa do Concello. 

Acto na Casa do Concello de Fene

Comercios e empresas poden poñer á venda eses produtos aproveitando a tecnoloxía on line de última xeración. O prazo continua aberto, polo que aínda se pode formalizar a alta neste portal pasea por Fene. Non ten ningún custe para as firmas interesadas. O Concello facilita esta ferramenta individual a cada comercio que poderá xestionar de forma independente a páxina. A compra é individual en cada tenda, que logo cobra e debe realizar os seus envíos. Pero pasea por fene permitirá realizar campañas de promoción conxunta e colectiva. 

       Este proxecto, que conta cunha axuda da Cámara de Comercio de España, permite ás empresas e autónomos de Fene poñer á venda os seus produtos na rede. Ao mesmo tempo permite contar con todas estas ofertas localizadas nun único punto. Xa non necesitamos ir a outros portais en liña ou a tendas de fora para mercar os produtos que necesitemos.A día de hoxe xa son máis de 70 as empresas que participan no proxecto. A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Fene espera que esta acción sirva para axudar ás nosas empresas nestes tempos de crise e nas que están a cambiar de xeito moi acelerado os hábitos de compra.
       

Institucional

Publica o teu comentario agora