Ferramentas contra a ansiedade

Ferramentas contra a ansiedade
10 de Xuño, 2021 - 11:59 h. | Publicada por Radio Fene

O estrés tamén afecta aos deportistas de alto rendemento. Falounos en A Fenestra de Radio Fene deste tema o monitor deportivo e psicólogo José Barcia. Debullou o aumento de lesións musculares na elite detectado neste ano de pandemia e confinamento. 

ESCOITA O PODCAST:
José Barcia Tuccelli en Radio Fene

 O estrés, as excesivas expectativas xeradas diante da volta dun deportista lesionado, pode atrasar a súa recuperación. Aféctalle mentalmente e incluso tamén inflúe nos recuperadores e nos preparadores físicos, segundo o psicólogo José Barcia. Hai que adaptar as ferramentas a cada caso. Que se encontren a gusto e comproben que lles sirve. Os deportistas que utilizaron autoafirmacións positivas, as técnicas de control da activación, relaxación, respiración, a conciencia plena, as visualizacións positivas, o traballo da imaxinación. Esas técnicas ou ferramentas tamén poden ser utilidade para calquera persoa que atravese unha situación de ansiedade, tensión e estrés, segundo explicou José Barcia. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora