Ferramentas para dar escola en galego

Ferramentas para dar escola en galego

10 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A cooperativa popular de ensino Avoaescola comeza cos seus primeiros pasos como ferramenta para dar escola en galego. Esta mañá, a asociación Galiza co galego -impulsora da cooperativa- asinou un convenio de colaboración coa entidade pedagóxica Nova Escola Galega.

En virtude do acordo, NEG prestarálle asesoramento pedagóxico á iniciativa. As persoas asociadas de ambas asociacións serán beneficiarias das actividades que desenvolvan cada unha delas. Galiza co Galego comprométese a difundir as actividades, publicacións e propostas pedagóxicas de NEG dentro da súa Rede de Ensino Popular.

 

Sociedade