ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nun contexto no que o transporte marítimo é a vía pola que circula case o 80% do comercio mundial, resulta esencial contar con portos seguros e ben xestionados. Con este obxectivo, o Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA), o Grupo de Redes Neuronais Artificiais e Sistemas Adaptativos (RNASA-IMEDIR) e o Grupo de nvestigación Laboratorio de Enxeñaría do Software (ISLA) están a desenvolver un proxecto innovador nos portos da Coruña, Ferrol e de Malpica.

A súa proposta, financiada polos Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023, baséase na mellora da seguridade e a eficiencia das operación dos portos galegos mediante a xestión de ferramentas que permitan integrar os riscos operativos e a toma de decisións, combinando técnicas de monitorización avanzada e o uso de intelixencia artificial (Machine Learning). En concreto, o equipo investigador da UDC traballa en novas metodoloxías para analizar de forma continua factores críticos, como o comportamento dos barcos durante as manobras, o estado dos sistemas de amarre e variables oceánicas e meteorolóxicas como correntes, ondada, vento, néboa ou chuvias.
As técnicas avanzadas de intelixencia artificial permitirán procesar toda esta información para poder anticipar posibles problemas e optimizar a toma de decisións.
O traballo está a desenvolverse nos tres portos e no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña. A día de hoxe a súa implementación máis completa e ambiciosa está a realizarse no Porto Exterior da Coruña. Non obstante, os avances están sendo exportados a outras localizacións, como o Porto de Ferrol e o de Malpica, ademais de poder ser replicados noutros portos nacionais e internacionais, convertendo a Galicia nun referente na xestión portuaria.
A investigación, liderada por Enrique Peña González e Juan R. Rabuñal Dopico, conta cun equipo investigador formado por expertos da enxeñaría portuaria e informática, que colaboran coas autoridades dos portos mencionados e xunto a 28 institucións e empresas de todo o mundo. O estudo comezou en setembro de 2024 e espérase que finalice en agosto de 2027.
Publica o teu comentario agora