ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ten uns oito anos e chámase Confi, aínda que moita xente o coñeza como Manoliño. É un arroaz solitario que se deixa ver pola ría de Ferrol e ao que fai seguimento a Coordinadora para o estudo dos Mamíferos Mariños de Galicia-CEMMA. Confi protagonizou esta semana o espazo Radio Animal que ofrece Radio Fene en colaboración coa veterinaria etóloga Noemí Graña.
A vida de Confi daría para unha novela, polo que nos relatou o biólogo mariño de CEMMA Alfredo López. Con so oito anos, xa leva moito vivido. Por algún motivo foi expulsado da súa manda e socializa cos humanos. No seu corpo apareceron probas de contactos nada amistosos cos da súa especie e tamén cos humanos. Confi foi detectado en decembro de 2019 no porto de Portosín, en Porto do Son, onde estableceu as súas propias rutinas, pero ten espírito viaxeiro e desde o verán do ano pasado frecuenta a ría de Ferrol. O entusiasmo que causa na xente velo de preto é comprensible, pero Alfredo López pide prudencia, que o observemos a distancia. Polo seu ben e polo noso tamén.
Publica o teu comentario agora