ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xusto cando tres investigacións se abriron a un tempo, para esclarecer as causas que provocaron o accidente mortal ocurrido o martes desta semana en Navantia Ferrol, a Asociación de Graduados Sociais de Ferrol e a Facultade de Ciencias do Traballo da UDC presentan as XV Xornadas Galegas sobre condicións de traballo e saúde. Celebraránse do 22 ao 24 de abril no Campus de Esteiro.
Representantes sindicais tamén pero sobre todo expertos na materia intervirán en Ferrol nun amplísimo programa entre o que destacamos ao prevencionista, Angel Cárcoba que falará de “Enfermidade e morte dos traballadores a consecuencia da crise” ou á Directora do Instituto Nacional da Seguridade e Hixiene no Traballo, Mª Dolores Limón que intervirá sobre os novos retos na prevención de riscos laborais. Á cita está convidado o Secretario Xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo ou o ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe.
A nova lei de Mútuas ou o Ébola, serán temas a debate nas “XV Xornadas Galegas sobre condicións de traballo e saúde” en Ferrol, os días 22, 23 e 24 de abril de 2015. Xusto no 2015 cúmprense 20 anos de vixencia da Lei de prevención de riscos laborais. Mª del Pilar Millor Arias preside o Comité organizador. Patrocinan, o Concello de Ferrol, Deputación e Universidade da Coruña, e a Xunta de Galicia.
O prazo de inscripción permanecerá aberto do 1 ao 15 de abril. Entregarase un diploma acreditativo ao final das Xornadas.