ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó está en Ferrol para inaugurar xunto ao alalde Rey Varela, o 5º Congreso Europeo de Turismo Industrial e 3er. Crossroad of Europe que acollía ás 12h no Teatro Jofre. Ferrol covértese dende hoxe e por catro días, na capital do Turismo Industrial. A cidade acolle o V Congreso europeo de T I que reunirá a unhas 400 persoas e aos maiores expertos no tema.
Galicia e Ferrol en particular teñen un grande potencial pero hai que saber coidalo e vendelo. Diso trata este congreso que inaugura ás 12 no Jofre o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó. O presidente da deputación, Diego Calvo, declarou para as emisoras municipais, que se trata de aprender do que fan outros paises de Europa e aplicalo ao noso.
Ademáis da presentación de ponencias a cita leva aparelladas ata 21 actividades lúdicas que serán o escaparate da comarca diante de Europa. Visitas aos estaleiros, rutas de viños ou rutas de xardíns, exposicións como Gigantes en Exponav. De fora chega unha sobre o turiamo industral en Turín, a Cámara de comercio de San Joao de Madeira ou a cidade de Toulouse. As empresas punteiras da comarca tamén entran no programa: Inditex, Reganosa, Endesa ou Estrella Galicia.
Ás 13,30h os congresistas disfrutan dun xantar para reanudar o programa ás 15,00h. Esta tarde está prevista a intervención dun representante de Estrella Galicia, a visita ás Meninas de Canido e un paseo en lancha pola ría con cóctel no Castelo de San Felipe.