ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ferrol ampliará en máis de trescentas prazas os espacios de aparcamento suxeitos a Zona Azul. A comisión de Seguridade Cidadá deulle hoxe o visto bó ao proxecto que reordenará os estacionamentos de tempo limitado nos barrios de Esteiro e Recimil. As medidas inclúen tamén a ampliación de prazas destinadas ás persoas de movilidade reducida.
Segundo explicou a responsable de Seguridade Cidadá do concello de Ferrol, Sandra Ríos, a decisión adóptase en resposta ás demandas presentadas dende hai tempo por colectivos veciñais e de comerciantes destas zonas. En concreto no barrio de Esteiro, ampliaráse a zona azul á rúa Españoleto no tramo de intersección coa rúa Rochel, onde hai grande afluencia de vehículos por mor da escola que está nas inmediacións e, á rúa San Amaro, pola demanda xerada por establecementos comerciais da zona. Finalmente completaráse o último tramo da Avenida de Esteiro que ata o de agora non estaba suxeito a límites de tempo. O número de prazas que se gañarían nesta zona, segundo estimacións municipais, sería de 228.
Outra das zonas nas que se aplicará a zona azul, respondendo a unha demanda da Asociación de Praceiros, é as inmediacións do mercado municipal de Recimil, onde se ten previsto gañar 50 prazas de aparcadoiro. A medida afectará á zona perimetral do barrio, -en ámbas marxes da vía-, ó lateral da Estrada de Castela e á rúa Carvallo Calero. O estacionamento nestas zonas só vai estar limitado de luns a sábado en horario de mañás, sendo o resto do día de libre estacionamento.
A concelleira de Seguridade Cidadá puntualizou que as cifras do número de prazas que se van crear son estimativas, é dicir, é un cálculo aproximado do número de rotacións de vehículos que xeraría a aplicación do estacionamento restrinxido nestas rúas.
Polo que respecta á ampliación das prazas reservadas para minusválidos crearánse 6 novas en diferentes puntos da cidade. Unha na rúa do Carme no cruce coa rúa María, dúas no barrio de Ultramar, e nas rúas Mayola, Españoleto e Profesor López Dafonte cun espazo novo en cada unha destas vías.
Tamén está previsto establecer un espazo reservado para autobús escolar na rúa do Sol, diante do colexio Tirso de Molina, que se limitará somentes a tramos de media hora coincidindo cós horarios de entrada e saída das clases. O Concello de Ferrol iniciará nos vindeiros días os traballos de pintado e sinalización destes novos espazos.