ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A sesión comezará ás oito do serán, tal e como acordou unha representación do tecido asociativo da cidade nun encontro celebrado días atrás co concelleiro responsable desta área, Manuel Santiago.
O pleno desta tarde terá como único punto na orde do día, a aprobación do novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol e incluirá intervencións dalgunhas das persoas que participar
O novo regulamento é froito dun proceso participativo que contou coa colaboración de máis de 70 asociacións a través do foro cívico do Grupo de Análise e Proposta e da Comisión Política, na que estiveron representadas as cinco forzas municipais.
En palabras do concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, a posta en práctica deste novo regulamento suporá un cambio importante respecto do que está vixente na actualidade e que foi aprobado en 1998. Á súa vez, éste nacera dunha reforma do primeiro Regulamento aprobado en 1986.
A nova normativa permitirá a creación de novas figuras e órganos de participación directa coma o Defensor da Cidadanía, a Comisión de Queixas e Suxestións, o Consello de Veciñanza, os Foros Cívicos ou as Asembleas de Barrio.