Ferrol, cada día máis europea

Ferrol, cada día máis europea

06 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol organiza o domingo un acto lúdico dirixido a toda a cidadanía para conemorar o Día  de Europa. Iniciaráse ás 11 da mañá no Cantón de Molíns e rematará no Baluarte de Canido. O alcalde da cidade, Vicente Irisarri, anima a todos os ferroláns e ferrolás a incribirse na Marcha a través da web municipal porque a iniciativa se presenta como unha oportunidade para redescubrir algúns dos

Irisarri fixo un chamamento á cidadanía para que tome parte neste acto lúdico dirixido especialmente ás familias e que contará con dúas guías especializadas que irán explicando aos participantes aspectos relacionados coas principais actuacións contempladas ao abeiro do Plan Urban, as características dos proxectos previstos ou os edificios e espazos públicos de importante interese histórico e patrimonial.

En relación ao percorrido desta marcha urbana, que durará dúas horas, iniciarase ás  11 da mañá no Cantón de Molíns, un dos espazos públicos urbanos que, xunto ás  Angustias, contempla actuacións de acondicionamento polo Plan Urban Ferrol. Os participantes continuarán en dirección á Praza de Amboage, pasando por diante do antigo Hospicio, edificio histórico que será remodelado para convertilo nun espazo de reunión, información e ocio para os habitantes do barrio. 

A Marcha por Europa continuará pola rúa San Francisco onde se atopa a casa de Carvalho Calero que se prevé rehabilitarpara crear un centro de formación e asesoramento para as entidades sociais da zona Urban. Os participantes camiñarán paralelos ao Porto polo Paseo da Mariña, no que o Concello ten previstas distintas actuacións de reacondicionamento, así como a recuperación do Baluarte de San Xoán, parte da antiga muralla defensiva, para crear un Centro de Interpretación, aproveitando a súa localización estratéxica, o seu significado histórico e os seus valores paisaxísticos.

O percorrido seguirá bordeando o Parque Raíña Sofía no que se abrirá un novo acceso dende a fachada sur para salvar o desnivel coa rúa e así facilitar o tránsito entre Ferrol Vello e Canido Vello. Así mesmo, no entorno do parque crearase un Centro de día para persoas maiores e un Centro de atención infantil.  En canto ás rúas adxacentes a Alonso López estas están suxeitas a un plan de reacondicionamento de eixos de comunicación entre barrios históricos, que afectará a Atocha, Máximo Ramos, San Diego e a conexión das rúas Alonso López e Real.

No treito final do traxecto, os participantes chegarán á Praza do Cruceiro de Canido, que conta cun plan de reurbanización para mellorar a calidade urbana e os tránsitos no barrio. A ruta finalizará no Parque Arqueolóxico do Baluarte de Canido, outro dos espazos públicos suxeitos a tarefas de recuperación e posta en valor. Na meta acondicionarase unha zona de ocio con xogos para os máis pequenos e bebidas gratuítas para todos os participantes.

Sociedade