Ferrol celebra a Semana da Ciencia con graffitis dixitais

Ferrol celebra a Semana da Ciencia con graffitis dixitais

09 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol acollerá este venres ás 20 horas unha acción a pé de rúa que servirá para promocionar a Semana da Ciencia 2010 que se celebra do 8 ao 21 de novembro, promovida polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través da fundación FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía).

A acción levará por nome “Graffiti Dixital” e incluirá dúas actividades: a proxección sobre o edificio do pazo municipal de graffitis dixitais de temática científica e con mensaxes sobre a cidade de Ferrol e, por outro lado, a celebración dun obradoiro-workshop sobre programación informática para o que é preciso a inscrición previa -esta deberá formalizarse no Negociado de Cultura, ubicado no segundo andar do Concelo-.

A iniciativa acollerá proxeccións nas que se invitará á cidadanía a facer un percorrido pola historia da ciencia, por científicos como Newton, Einstein, Madam Curie ou Ramón y Cajal e os seus descubrimentos e teorías.

Sociedade