Ferrol- A Coruña, unha longa peregrinaxe en tren

Ferrol- A Coruña, unha longa peregrinaxe en tren

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 75.000 cidadáns utilizaron a liña de tren entre Ferrol e A Coruña no ano 2009. Iso é así a pesar dun tempo da viaxe que oscila entre 1 hora e 7 minutos e 1 hora e 27 minutos. Segundo sinala o Goberno nunha resposta ao deputado do BNG Francisco Jorquera, os tempos de viaxe quedan determinados pola velocidade máxima entre Betanzos e Ferrol fixada entre 75 e 100 quilómetros por hora.

En canto ao material rodante, Renfe asegura que substituirá os actuais trens por outros máis modernos e de mellores prestacións antes do vindeiro mes de xuño. Tamén adianta unha reordenación total dos horarios do corredor atlántico ata Vigo. Redefinirán as paradas e facilitarán no posible a conexión de Ferrol co tren que vai a Santiago e Vigo. A compañía ferroviaria indica que na actualidade circulan entre Ferrol e A Coruña 66 trens á semana, en virtude do convenio asinado coa Xunta de Galicia en decembro do 2006.

Sociedade