Ferrol e Ares á espera da apertura das escolas infantís

Ferrol e Ares á espera da apertura das escolas infantís

27 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As escolas infantís de Ferrol e Ares abrirán as súas portas no primeiro trimestre do 2010. Así o confirmou a Consellería de Traballo e Benestar como resposta ás declaracións feitas polo voceiro do BNG, Carlos Aymerich que denunciou a paralización desas dúas garderías e mais doutras 8 en toda Galicia.

A gardería de Ares, ubicada en Granxares, non poderá abrir neste mes de setembro. Así o confirmou o alcalde de Ares, Julio Iglesias quen afirmou que as obras non están rematadas. O luns farase a recepción da obra e comezará o mes que servirá como periodo de comprobación do proxecto.

A gardería contará con 3 módulos cun número de prazas aínda non definido. A finais deste ano espérase que se abra a convocatoria para a preinscrición dos nenos nesta escola, que prevese abrirá as súas portas a principios do 2010.

Institucional