Ferrol. Fogueira xeral

Ferrol. Fogueira xeral

23 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O barrio ferrolán de Esteiro prézase de ter a maior fogueira de toda a volta na noite de San Xoan. Gañouno a pulso dende hai máis de 100 anos e hoxe é a Fogueira institucional do concello de Ferrol. Por iso, ás 23.00h será a concelleira de Cultura, Susana Martínez a encargada de prenderlle lume a unha pila de madeira que alcanza apagada os 7 metros de altura e os 10 de diámetro.

Antes de que se prenda o lume, ás 7 da tarde, no contorno de Batallóns repartiranse sardiñas asadas a o prezo de 1€ a ración de tres sardiñas. A un tempo virán as actuacións de Donas e Galáns e do grupo Los Zares. Un tren turístico achegará dende o centro de Ferrol á xente que durante todo o dia quera visitar o conxunto monumental de Fontelonga, como ven sendo habitual polo San Xoan.

Na zona rural de Ferrol temos as festas de San Xoan de Esmelle.

O Val de Esmelle celebra as súas Festas Patronais ata  o luns. Esta noite encenderan a tradicional lumeirada de San Xoán os Arkeiros do Muíño disparando unha frecha encendida contra o restos
acumulados para tal fin. Ameniza a verbena o grupo Aroma.

Esmelle é unha das poucas parroquias do Concello de Ferrol onde se mantén vivo o espíritu de celebrar o patrón, gracias á Asociación de veciños "Valle de Esmelle". Mañán, dia do patrono,  O xurado visitará aos participantes no I Concurso de Rueiros. Pola tarde haberá partido de "Vellas glorias" e pola noite verbena coa Orquesta Acordes e o Grupo Aroma.

Sociedade