Ferrol intensifica os controis de alcoholemia

Ferrol intensifica os controis de alcoholemia

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Oito axentes da Policía local de Ferrol farán controis de alcoholemia nas rúas de Ferrol a partir do vindeiro venres día 11, e durante todo o mes de decembro. A campaña forma parte das accións preventivas postas en marcha polo Concello que inclúen tamén controis de velocidade por radar, horarios de peche de establecimentos e control de ruídos en locais de hostalería. O pasado ano un 5% dos accidentes de tráfico que se rexistraro

Os controis de alcoholemia desenvolveránse, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, todas as noites das fins de semán e estarán situados nas vías de acceso ou saída a cidade para evitar os desprazamentos a outros lugares. Ó mesmo tempo haberá tamén controis aleatorios o resto dos días da semana en horarios diferentes.
Dende o Concello de Ferrol sulíñase que non se trata dunha campaña persecutoria nin de fins recaudatorios senón de concienciación, vixiancia e control sobre o consumo de alcohol e os seus efectos sobre a conducción.

As sancións para estas infraccións consideradas como moi graves oscilan entre os 300 e 600 euros e a suspensión do permiso de conducir por un periodo de ata tres meses. Ademáis, o novo carné de conducir establece perdas de 4 a 6 puntos segundo a taxa alcanzada, ou a negativa a someterse ás probas.

Institucional