ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ferrol inicia a campaña de limpeza das praias do municipio, co obxectivo de que todas elas se encontren en perfectas condicións con vistas á Semana Santa, festa declarada de Interese Turístico Nacional dende hai máis de dez anos e que cada edición atrae a milleiros de visitantes procedentes de toda Galicia, distintos puntos de España e mesmo do estranxeiro.
A inciativa enmárcase dentro das políticas postas en marcha polo actual goberno local para dotar de máis e mellores alicientes á oferta turística ferrolá. Neste sentido, e tal e como avanzou a edil de medioambiente, María López, os traballos comezaron en Doniños, para extenderse nos vindeiros días ao resto de praias do termo municipal. antes do inicio do verán. Unha campaña que ten como finalidade, lograr que Ferrol continúe sendo un dos principais referentes da Comunidade galega no ámbito de turismo de praia.
Por outro lado, a concelleira lembrou tamén que Ferrol solicitou o pasado mes de febreiro o distintivo Bandeira Azul para sete praias do municipio, de maneira que ás distincións acadadas o pasado ano para os areais de Doniños, San Xurxo, Ponzos e Santa Comba se engadirían os de Esmelle, A Fragata e Covas. E, de feito, subliñaba que as sete praias seleccionadas pola institución local son merecedoras deste galardón malia que os criterios de adxudicación son, cada ano, máis rigurosos e esixentes