Ferrol non madrugou

Ferrol non madrugou

07 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O tempo deu unha tregua no arranque da xornada electoral en Ferrol. Despois dun sábado chuviosos e frío, o sol quixo facer presencia ás nove da mañá, xusto na hora en que abriron os colexio electorais (iso sí, tímido e axexado aínda polas moitas nubes que cubren o ceo da comarca). Malia todo, as rúas do centro da cidade estaban neses momentos prácticamente baleiras, coas poucas excepcións dalgun grupo de xóvenes que alongaro

O mesmo panorama que describimos do exterior, poderíase aplicar ao interior dos colexios electorais, como o da Casa do Concello de Ferrol, onde o comezo da xornada electoral foi lento, como era de esperar.

As dúas mesas instaladas no Concello constituíronse sen problemas e, aínda que a esta hora os datos de participación son irrelevantes e pouco indicativos do que vai acontecer no que resta de día, o que sí semella é que estas eleccións europeas non tiveron gancho suficiente como para facer madrugar aos ferroláns e ás ferrolas. Das 1298 persoas que compoñen o censo electoral nas dúas mesas da Casa do Concello, apenas 5 emitiran xa o seu voto nos primeiros 20 minutos de xornada electoral.

No conxunto de Ferrol, un total de 62.179 persoas están chamadas hoxe ás urnas.

Sociedade