Ferrol nos orzamentos da Xunta

O BNG solicita á xunta unha partida para o Complexo Integral da Construción Naval
23 de Novembro, 2018 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

O emprego, as comunicacións, ensino e sanidade, servizos sociais. En todos estes aspectos, o BNG de Ferrolterra aporta propostas nos investimentos da Xunta de Galicia para o ano 2019.

O Grupo Parlamentar do BNG presentou un conxunto de emendas parciais aos Orzamentos da Xunta para o 2019 que recollen demandas de diversos sectores e colectivos nos ámbitos da creación de emprego e potenciamento dos sectores produtivos, a defensa dos servizos públicos e a mellora das comucacións no ámbito da comarca.

Nese sentido, o BNG reitera a necesidade de que a Xunta “afronte a súa responsabilidade na defensa dun”, para o que o BNG solicita unha partida específica. No mesmo eido da defensa dos sectores produtivos inclúense emendas para potenciar realmente a recuperación do marisqueo nas rías, como alternativa real ao emprego”. Outras das que figuran refírense a actuacións nas comarcas carboeiras, nomeadamente para un plan de aproveitamento da antiga escombreira de As Pontes.

No ámbito da mellora dos servizos públicos, o BNG inclúe emendas que afectan a demandas históricas no campo do ensino : a construcción e mellora de centros en Ares, As Pontes, San Sadurniño, Narón e Mugardos.

Na sanidade reclámase un Plan Director da Área Sanitaria, dotación de radioloxía en As Pontes e Narón, reforzo de persoal en Cedeira ou transferencia do mantemento do PAC de Fene á Xunta.

En servizos sociais. O BNG defende a creación de residencias de maiores en Narón, As Pontes, Centro de usos múltiples no antigo “Cine Zárate” de Mugardos, e centros de día en Neda, Fene e Cedeira.

Ensino. A transferencia das escolas infantís de A Solaina, A Gándara e Piñeiros (Narón) á rede da Xunta.

Capítulo importante é para os nacionalistas, o das emendas referentes ás comunicacións no ámbito comarcal, nas que figura como prioritaria a demanda de actuación da Xunta no impulso do ferrocarril de cercanías (con actuación especial na rede Ferrolterra-Ortegal-Mariña de Lugo) o impulso real á VAP do norte – que afecta aos concellos de Ferrolterra e Ortegal- ou actuacións en viais de San Sadurniño, As Somozas e As Pontes.

Na batería de emendas figuran, asimismo, partidas para abordar obras de abastecimento e saneamento en San Sadurniño, Narón e Neda. Do mesmo xeito, inclúense varias emendas para actuacións da defensa do patrimonio, concretamente no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, nos castelos de Moeche e Narahío ou na exposición dos materiais arqueolóxicos en As Pontes.

Paralelamente á presentación das emendas no Parlamento Galego – na liña de achegar o traballo institucional á xente - o BNG está a facer nestes días un traballo de información e difusión destas iniciativas nas diversas localidades; achegándoas a colectivos e entidades afectadas.

Institucional

Publica o teu comentario agora