Ferrol pon en aluguer 25 pisos de Recimil

Ferrol pon en aluguer 25 pisos de Recimil

23 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol abrirá un prazo para que as familias con necesidade de vivenda presenten a súa solicitude para acceder a unha en réxime de aluguer no barrio de Recimil. O prazo abriráse o 1 de decembro e pecharase o 31 do mesmo mes. Ata ese momento, o Concello porá a disposición de todas as interesadas,  na web municipal (www.ferrol.es), no Rexistro Xeral e nas Unidades Básicas de Traballo Social, o Regulamento de adxudicación e toda a

O Concello de Ferrol avaliará as solicitudes presentadas exclusivamente no marco deste prazo. Na actualidade as vivendas desocupadas oscilan entre 25 e 30, que  serán as que se poñan a disposición dos demandantes. Vivendas desocupadas e tapiadas que o Concello acondicionará de inmediato para garantir as óptimas condicións de habitabilidade.
O Regulamento de Adxudicación de Vivendas Protexidas de Recimil, que saíu publicado no BOP o pasado 16 deste mes, contempla os criterios obxetivos para a adxudicación. E un Regulamento co que, segundo o alcalde, se garante o rigor e a transparencia nas adxudicacións. requisitos que é preciso reunir para optar ás mesmas. Entre os requisitos esixidos está:  acreditar a residencia en Ferrol durante 3 anos e dispor duns ingresos inferiores a 1,5 veces o salario mínimo interprofesional. Tamén se terán en conta aspectos como a necesidade de vivenda e as circunstancias persoais e familiares do demandante. Teránse en conta, o número de membros do núcleo familiar, o número de menores a cargo, a condición de familia monoparental con menores a cargo, a minusvalía dos membros da familia, ou ter sentenzas firmes de violencia doméstica. Respecto ao estado das vivendas, o tempo dos traballos de acondicionamento varía en función dos inmobles e, así, pode oscilar entre a semana para aquelas que só precisan unha capa de pintura e a reposición dos radiadores e meses, para as máis deterioradas.

O goberno local presentará os proxectos de recuperación do Antigo Hospicio, Cantón e Parque Raíña Sofía nun acto aberto á cidadanía na Fundación Caixa Galicia

            O alcalde, Vicente Irisarri, preside mañá a reunión do Consello Asesor do Plan Urban que servirá para difundir tres dos proxectos urbanísticos de maior calado nos vindeiros anos   e dar conta do estado de situación das actuacións do Plan
            O Antigo Hospicio, cuxas obras  están en contratación, acollerá un centro cívico e de información xuvenil e para maiores e un centro de formación de hostelería
          A intervención no Cantón busca rexenerar e incrementar as zonas verdes, habilitar novos espazos para os peóns, reforzar a iluminación e mellorar o pavimento

  O Parque Municipal Raíña Sofía convertirase nun espazo aberto á cidadanía que favorecerá a comunicación entre os barrios históricos de A Magdalena, Canido e Ferrol Vello

 

Sociedade