ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ferrol pon en marcha un novo roteiro didáctivo “Ferrol rebelde” que permitirá coñecer a historia do movemento obreiro da cidade, percorrendo os lugares máis significativos en cen anos de loita obreira. “É preciso conversar, poñer en valor e divulgar o patrimonio da histórica tradición obreira de Ferrol, para reforzar a autoestima colectiva, situar este movemento social no lugar que lle corresponde na conq
ITINERARIO DO ROTEIRO
O “Ferrol Rebelde” consta de tres etapas que repasan a historia do movemento obreiro ferrolá, que se divide en “articulación, desarticulación e rearticulación”.
A denominada “articulación” vai dende 1871 a 1936 e contempla fitos como a organización da Internacional e a publicación do xornal obreiro “El Trabajo”, a fundación da Agrupación ferrolá do Partido Socialista Obreiro que defendía a xornada de 8 horas cando nos estaleiros se traballaban “14 horas”, o primeiro concelleiro socialista de Galicia tamén ferrolán ou o Congreso obreiro internacional para deter a I Guerra Mundial.
Na “desarticulación”, de 1936 a 1945, abórdase o “exterminio do movemento obreiro” e o expolio dos seus bens, mentres que na terceira, de 1945 a 1975, a “rearticulación”, con feitos como a folga do aceite de Bazán, a primeira gran folga do Estado ou o dez de marzo e o asasinato de Moncho Reboiras.
Datas:
Poderáse realizar os días 6, 7 e 8 de decembro, aproveitando a ponte da Constitución, e no Nadal, do 21 ao 30 de decembro (os días 21, 22, 28, 29 e 30). Haberá un grupo de mañá ás 11:30 e outro á tarde ás 16:30 horas. Solicítase facer unha inscrición previa no teléfono 640 65 13 14.