Ferrol rende homenaxe ás víctimas de tráfico.

Ferrol rende homenaxe ás víctimas de tráfico.

08 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Por primeira vez na súa historia, Ferrol conmemorará o Día Mundial en Memoira das Vítimas de Accidentes de Tráfico. Por este motivo, a Praza de España acollerá o vindeiro domingo 21 de novembro un conxunto de actos organizados pola Concellería de Tráfico en colaboración coa Asociación de Axuda e Orientación aos Afectados por Accidentes de Tráfico, Stop Accidentes. 

Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Tráfico, Gerardo López Castrillón, quen avanzou a celebración do obradoiro “Panel do Recordo” no que participarán escolares de centros educativos da cidade e no que os cidadás e cidadás poderán ir deixando as súas mostras de solidariedade con estas vítimas de tráfico. O alcalde, Vicente Irisarri, lerá un manifesto e a continuación gardarase un minuto de silencio en memoria das vitimas de accidentes na estrada.

Tal e como subliñou o edil Gerardo López, este será o primeiro ano en que Ferrol participe na conmemoración desta data –o pasado ano foi Santiago de Compostela a única cidade de Galicia que acolleu estes actos-. Unha data na que se pretende concienciar á poboación das consecuencias dos accidentes de tráfico, así como das medidas que se poden adoptar para previr. E ao fío disto, lembrou que cada día falecen no mundo máis de 4.000 persoas vítimas dun accidente de tráfico, os cales, segundo datos da Organización Mundial da Saúde constitúen a principal causa de mortalidade entre os mozos e mozas de idades comprendidas entre os 10 e 24 anos.

Sociedade