Ferrol vive Chamorro

Ferrol vive Chamorro

13 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Desde primeiras horas da mañá grupos de rapaces e rapazas achéganse á parroquia rural de Serantes. Nos arredores da ermida da Virxe do Nordés celébrase ao longo da xornada unha das máis populares romerías do ano en Ferrolterra. O luns de Pascua Ferrol vive a romería de Chamorro. O orballo caido a primeiras horas da mañá non desanimou aos numerosos visitantes.

Segundo a Policia municipal de Ferrol o número final de xente que se achegue ao longo do dia á ermida sí vai depender da evolución do tempo. Un autobús sobe á ermida cada media hora realizando o transporte a persoas de avanzada idade ou de movilidade reducida. Nesta xornada está prohibido o acceso de vehículos particulares á zona do monte, polo que os romeiros deben ascender ata o cumio polo seu pé. Para coller folgos reproducimos de seguido un poema adicado á virxe do Nordés polo segrel do Penedo Xosemaría Pérez Parallé:

 

 

 

 

Mar da salgada armuñía,

Mar celta de Breogán;

Illa Eirín na lonxanía,

         Nas

         Ondas

         Brétema

         Virxen,

Verde saga de Amairxen;

O vento nas furmas cía

A lenda de San Brandán.

Ai, mar por Deus benzoada,

Mar dos anxos mareantes,

Por

Onde

Fixo

Bogada,

O Cristo dos Navegantes.

 

Mar milleirada de velas,

         Cucos

         Rosas,

         Caravés;

Gaivotas, peixes, cunchelas,

E nos chamorros candelas

Para a Virxen do Nordés.

 

Xosémaría Pérez Parallé. (Dorna romeira. Fene. 1985)

Sociedade