Ferrol vivirá as súas festas a todo pulmón

Ferrol vivirá as súas festas a todo pulmón

28 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Feira Medieval dará o pistoletazo de saída ás festas de agosto de Ferrol. Será o sete de agosto en Ferrol Vello. Durante tres días a cidade departamental traladarase no tempo ata o medievo. Pero isto non é nada máis que a antesala de vinte e pico días de diversión e fextexos que rematan o 31 de agosto cos fogos en honra a San Ramón.

Asemade da Feira medieval, que se celebrará o 7, 8 e 9 de agosto en Ferrol Vello, o programa festivo inclúe unha variedade ampla de ofertas. O mesmo día de inicio dos festexos terá lugar a primeira concentración internacional automobilística no Recinto de Punta Arnela. O Castelo de San Felipe e arredores acollerá o 23 de agosto a célebre Batalla de Brión. Os populares fogos de San Ramón no porto ferrolán pechará un ateigado calendario de festas.

 

Ferrol non se esquece dos máis pequenos. Haberá actuacións de monicreques nas prazas de Amboaxe e de Armas. A música será o eixo fundamental dos agosto festeiro ferrolán. A mítica banda Revólver inaugurará a serie de concertos programados. Actuarán o venres 21 de agosto ás dez da noite na Praza de Armas. Música para todos os gustos deixarán a súa pegada nas noites da cidade naval. Violadores del verso, Melendi, Fuxan os ventos, Nena Daconte, Som do Galpom, a orquestra Olympus, entroutras, porán a nota musical ás celebracións. Dos grupos musicais que soarán falaba para Radiofusión, a Concelleira de festas Beatriz Sestayo.

 

 

 O 31, día de San Ramón, ademais dos xa tradicionais fogos, levarase a cabo na praza de armas, un festival de tunas , unha pincelada típica da cidade.

Cultura