ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Facultade de Humanidades inaugura o ciclo “Vivir nas Luces” para abordar “ O exército español no século XVIII” . O profesor de Historia Moderna da UDC, Manuel- Reyes García Hurtado pronuncia a primeira ás 8 da tarde sobre “A vida nas Academias militares do século XVIII”.
Os militares xogaron un papel fundamental na propagación das ideas ilustradas porque no século XVIII os militares tiñan acceso ao estudio, ao coñecemento das línguas e ademais viaxaban por toda Europa. Procedían da nobleza e recibían formación científica nas academias militares, segundo declaraba o profesor Manuel Reyes García Hurtado a Radiofuaión.
En total serán sete charlas que se desenvolverán todos os luns ata o mes de xuño. Expertos de diferentes universidades participan no programa, os que máis saben e traballan neste campo, segundo o coordenador do ciclo. Ao final publicaranse as ponencias nun libro divulgativo.