ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ferrol lanza a campaña “Ferrolaneo” coa que pretende fomentar o turismo na cidade. O obxectivo principal é convertir Ferrol nun dos principais reclamos turísticos do norte de España cunhas guías que amosan os puntos máis importantes da cidade e arredores.
"Ferrolaneando" é o proxecto que busca converter o turismo nun dos principais mecanismos da economía ferrolá. Para iso, o Concello xunto co departamento de Promoción Turística elaborou unha guía que amosará aos turistas os principais lugares que deben visitar. A guía presenta un amplo abano de actividades para coñecer a cidade. Entre as propostas atópanse cruceiros nocturnos pola ría, visitas guiadas, concertos en vivo no Cantón de Molíns e citas de ocio para os máis pequenos. Como novidade, a guía propón catro rutas que ofrecen a posibilidade de visitar concellos veciños como Cedeira ou Betanzos.
Os prezos das actividades oscilarán entre os tres e cinco euros, con descontos para os menores de doce anos e para os maiores de seseta e cinco. Estas citas terán lugar durante as fins de semana de xullo e agosto. Dende mañá poderanse consultar as guías na páxina web