ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O barrio de Canido en Ferrol estáse a converter en centro neuralxico da cultura, da música e da ecoloxía. Tanto é así que xente que traballa na Coruña, xa escolle este núcleo como lugar para vivir. Un ambiente acolledor cun punto bohemio contribue a concretar nesta zona unha "cidade creativa".

Este domingo 9 o Centro cívico de Canido acolle o evento "Solarpunk. Futuro:tecnoloxía, natureza, comunidade". O antropólogo e científico do CSIC Emilio Santiago pronunciará unha charla (12h) sobre o tema: "Si, hai futuro e ser´asolarpunk". Actuará o trío de corda Kreze (13,30h) e ofreceráse unha paella vegana (14,30h) preparada con cociñas solares. Logo virá o home orquestra-canalla e festivo Zapoitxo (15,30h).
As actividades continuarán o sábado 15 cunha nova xornada dos "Solpores de Canido". A programación arrancará ás 20:00 horas coa actuación de Sofi Peries, artista e DJ galega que fusiona música urbana e electrónica alternativa a través da experimentación sonora e a performance. Ás 21:00 horas será a quenda de MoOoM, un proxecto formado por Ciara Cabodevila, Carlo Jurancelli e Facundo Fernández Alberdi, que presentará Atlántica. Este traballo, editado este ano polo selo Ferror Records, mestura músicas de tradición oral galega con electrónica para crear unha proposta que eles mesmos definen como «folktrónica tradicional». Pechará a noite, a partir das 22:00 horas, a DJ galega REA, cuxos sets percorren estilos como o EBM, o dub techno, o IDM, o electro, o dubstep ou o drum&bass máis experimental.
Publica o teu comentario agora