Festa Abelleira para celebrar os 10 anos da Casa do Mel

Festa Abelleira para celebrar os 10 anos da Casa do Mel

21 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A Casa do Mel de Goente celebra neste 2013, a súa primeira década de vida, un aniversario que van conmemorar  por todo o alto. A dirección da Casa do Mel xunto coa Asociación Galega de Apicultura e o respaldo do Concello de As Pontes- A Coruña- decidiron organizar unha xornada adicada á conmemoración desta primeira década de actividades apícolas na parroquia pontesa. Para o vindeiro 1 de setembro estase a idear un interesante programa

A Casa do Mel de Goente conta cunha nova entrada lateral, que permite separar a zona de museo e venda de produtos das áreas de extracción e envasado do mel; un novo salón de actos e unha nova sala de extracción e envasado do mel. Asemade, nestes traballos que supuxeron unha inversión de 28.000 euros, tamén se incluiu a compra de mobiliario e a renovación da tenda apícola, ao que se sumará unha nova cuberta de madeira para a entrada lateral.

Programación

O primeiro de setembro, ás 10.00 horas, terá lugar unha charla sobre a importancia da abella na polinización, que virá seguida dunha disertación sobre a prevención de riscos na apicultura. Tras unha pausa ás 12.00 horas, para degustar diferentes produtos apícolas terá lugar, ás 12.30 horas, unha mesa redonda sobre os 15 anos de Aga Eume e o décimo aniversario da Casa do Mel, co seu presidente Manuel Ferreira coma protagonista. Á unha da tarde inaugurarase esta remozada Casa do Mel e xa ás 14.30 hroas terá lugar un xantar para o que é preciso anotarse telefonando ao 661 003 616, denantes do vindeiro domingo día 25

Asemade durante a xornada tamén será posible visitar o museo da Casa do mel, facerse con algún dos produtos que se ofertan neste espazo ou incluso visitar unha exposición de cestería que tamén permanecerá instalada na Casa do Mel durante este primeiro de setembro.

Sociedade