ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A piscina de Centieiras acolle mañá a uns 300 nenos e nenas que despiden o curso cunha festa na auga. Arrinca ás 10.00h cos bebés de seis meses a tres anos.

A piscina municipal de Centieiras acollerá este sábado, 22 de xuño, a Festa Acuática de clausura das escolas de natación impulsadas polo Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes ao longo do presente curso. Clases nas que toman parte uns 500 nenos e nenas en diferentes quendas e que continuarán ata finais de mes.
Na festa deste sábado, prevese a asistencia duns 300 nenos e nenas, que realizarán diferentes xogos acuáticos con diversos materiais acordes á idade, dende tobogáns ata inchables, tapices flotantes, lanchas...
Así, de 10,30 a 11,30 horas será o turno da natación para bebés (de 6 meses a 3 anos), acompañados obrigatoriamente dunha persoa adulta e posibilidade dun segundo acompañante; de 11,30 a 12,30 horas, da natación primeira infancia (de 3 a 6 anos), que deben ir acompañados dunha persoa adulta, e, de 12,30 a 13,30 horas, natación infantil (de 6 a 12 anos).
Publica o teu comentario agora