ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Como eran festas hai un século en Galicia? Podemos voltar cen anos atrás o 27 de xuño en Limodre. Esta é unha iniciativa que organiza a Asociación Veciñal. Ademais ten programadas outras actividades para a vindeira fin de semana como contou en Radio Fene Nacho Martínez, presidente da AVV de Limodre.

Unha Romaría da Árbore, prevista para o sábado 27 de xuño, recreará o ambiente que se vivía nas festas galegas hai cen anos. A idea de facer unha festa como as de antes partiu dunha fotografía da Festa da Árbore celebrada en Limodre no ano 1927. Teñen constancia gráfica do festexo e acordaron recrealo. Convidan á veciñanza a revivir eses tempos vestindo a roupa das festas que se usaba na época, cando se gardaban as mellores galas para poñer nas festas como explicou Nacho Martínez.
A romaría terá lugar no parque da Hortiña, que estará debidamente engalanado para a ocasión. Tamén haberá musica tradicional, xantar, xogos, baile e fogos de artificio.
Obradoiro e excursión
O presidente da AVV anunciou tamén actividades para esta fin de semana. Un obradoiro de chan pélvico que se celebrará o sábado. E unha excursión o domingo á provincia de Lugo, na que visitarán Mondoñedo e a praia das Catedrais.
Publica o teu comentario agora