Festa de cabalos

Festa de cabalos
22 de Abril, 2026 - 05:00 h. | Publicada por Radio Fene

Día grande do cabalo en Moeche. No festa de San Xurxo, celébrase a tradicional Feira do Cabalo organizada pola Asociación Ecuestre 23 de Abril, coa colaboración do Concello de Moeche. 

“Sempre hai moita asistencia porque somos unha comarca con moita afección ao cabalo, é un día grande para Moeche”, destacou a alcaldesa Beatriz Bascoy que anima a toda a comarca a gozar dunha xornada na que se celebran competicións de andadura, paseo cabalar e tamén feira. “É un día de moitísimo movemento”. En Moeche todo está a punto, tamén o dispositivo de seguridade. A alcaldesa aproveita para pedir aos asistentes que respecten as normas da organización e agradece a colaboración dos concellos que ceden medios para garantir que todo se desenvolva a pedir de boca nesta feira que ten moita tradición.  

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora