Festa de fútbol en Fene

Festa de fútbol en Fene
20 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños, Barallobre e Perlío competirán este verán por facerse co Torneo de Fútbol de Fene. Vaise disputar o sábado 10 de agosto. Nesta primeira edición será en Maniños, en anos posteriores xogarase en Barallobre e Perlío, anunciou o concelleiro de Deportes, Adán Chao.

ESCOITA O PODCAST:

“A idea naceu como un apoio aos clubes”, informou o concelleiro de Deportes, consciente das complicacións económicas que viven as entidades deportivas. O Concello de Fene apóiaos con subvencións de concorrencia, “pero cada ano que pasa soben os prezos, teñen que pagar licenzas federativas, material deportivo, desprazamentos”, recoñece o concelleiro. A iniciativa tivo unha acollida positiva entre os clubes, “para eles é xogar un amistoso sen custos, sérvelles de preparación”. No Torneo os equipos de Fene medirán as súas forzas pero o obxectivo é que facer do fútbol unha festa. “Sabemos que hai rivalidade, pero consideramos que é máis unha xornada de festa. animamos a todo o mundo a que se achegue a Maniños”, resaltou Adán Chao.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora