ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Festa literaria en Fene. Este venres, día 12 de xuño, celébranse as III Xornadas Literarias do Pote. Organizan a Concellería de Cultura, a ACRD O Pote de Maniños e AETNA. Detalles deste encontro imprescindible para amantes da lectura na conversa que mantivemos en Radio Fene con María Xosé García e Javier Rodríguez.

Feira do libro, encontros con autores e presentación de novidades nas III Xornadas Literarias do Pote que se celebrarán este venres. A gañadora do Premio Xerais 2025, Abril Camino é unha das convidadas nesta edición das Xornadas Literarias do Pote. Tamén participarán os escritores Óscar Reboiras, Rober Cagiao, Rodrigo Costoya e Fran Alonso nun evento que festexa a cultura, a lectura e a creación literaria.
A programación comezará coa apertura, ás 18 horas, da feira literaria nos arredores do Pote, con venda e sinatura de libros na que participarán autores e autoras de Ferrolterra e arredores. Feira organizada coa colaboración da Asociación Galega de Escritores e Escritoras (AGER) e de Imprenta Sanesteban. Para as 19 horas un coloquio sobre novela negra no que participarán Rober Cagiao e Óscar Reboiras. Despois será a presentación da novela “Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino con María Nieto. Haberá tamén un faladoiro con Rodrigo Costoya e Fran Alonso.
Publica o teu comentario agora