ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
En marcha a organización da nova edición da Xuntanza de Palilleiras de Fene que reunirá no Pavillón da Xunqueira a artesás e persoas afeccionadas ao encaixe de palillos e a outras labores como bordado, calceta ou patchwork. A cita será o día 25 de abril. Detalles do evento na conversa que mantivemos en Radio Fene coa concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.

A concellería de Promoción Económica destacou a valiosa colaboración que lle dan ao Concello as asociacións que contan con escolas de palilleiras nas distintas parroquias para a creación deste espazo no que se poñen en valor os sabores tradicionais que forman parte da nosa identidade cultural. Ángeles Coira, explica que o prazo de inscrición para participar na Xuntanza estará aberto até o día 10 de abril e animou a non deixalo para o último día. Tamén agradeceu a concelleira a difusión que lle dan ao evento as palilleiras de Fene en todos cantos encontros participan para mostrar as súas habilidades.
Publica o teu comentario agora