ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
22 anos leva celebrándose a Festa do Cabalo en Maside (Ourense). Debido á grande afluencia de participación nas distintas probas, este ano a Festa prolóngase a 2 dias, comezando o sábado dia 22 e finalizando o domingo 23. Repartiránse 10.500 € en premios e agardan unha participación de 650 cabalos.
O sábado ás 21,30, ao remate das probas, haberá un espectáculo ecuestre a cargo do Club de Amigos do Cabalo. A maxia do solpor aumentará a singularidade e beleza da demostración. Haberá ademais exposición dun semental de cabalo galego de monte e vacas e bois de raza rubia galega. Ao remate, rodeo americano e sorteo dun potro de pura raza española.
Organiza a festa a asociación do cabalo Puzo do Lago contando coa colaboración de institucións e de numerosas casas comerciais. Os concursos comezarán o sábado 22 de agosto ás 16 horas coas probas morfolóxicas de cabalos do país, contando co xuiz nacional Agustín Sarmiento.